Na vixente constitución española de 1978 excluíuse o dereito de autodeterminación, no artigo 2 di “a constitución fundaméntase na indisoluble unidade da nación española, patria común e indivisible de todos os españois”.
Por se fora pouco, outro artigo constitucional ameaza que será o exército español o garante de tal unidade de España. A ninguén se lle escapa que a identidade galega transcende a actual ocupación do estado español e que por encima de séculos de intentar por tódolos medios a súa desnacionalización Galiza permanece viva no século XXI e reclamando o lugar que lle corresponde nunha nova Europa.
Os galegos conservamos a nosa idiosincrasia particular por encima de todos os avatares da nosa historia. Galiza mantivo ó longo do tempo uns trazos de identidade sobre os que se foi desenvolvendo ata chegar á actualidade. A lingua galega, é un dos factores mais importantes do sentimento nacional galego por selo idioma soporte do pensamento e sobre o que se desenvolve a forma de ver e entendelo mundo. Por medio do idioma as galegas e galegos mantivemos a nosa cultura ó longo da historia, ademais dunha mentalidade diferenciada dos españois, por exemplo, no falar: botei patacas do país, xantamos pan do país, etc). É un feito constatado que chega á actualidade que sempre que se intentou disolver Galiza, atacouse ó idioma galego. Á nación que se lle priva da súa lingua altéraselle a mentalidade.
Se un galego non fala galego (polo motivo que sexa: inercia noutra lingua, preguiza, prexuízo, etc) pero tampouco respecta a quen o fala, nin defende o xusto equilibrio e normalización de usos entre as linguas oficiais, nin quere que os seus fillos falen ben tamén o galego, menospreza a quen usa o galego e non toma partido pola lingua do país desfavorecida e asoballada (xustiza, sanidade, etc) segue sendo un galego, pero un galego renegado que padece a síndrome de Michael Jackson, o negro que non quería ser negro, que renegaba dos seus, que quería ser branco e derivou nun triste androide.
O castelán chega a Galiza imposto polos cargos públicos casteláns (bispos, abades, notarios, militares,etc), cando os postos dirixentes en Galiza foron ocupados por persoas de fóra, unha minoría elitista e urbana que nunca pasou do 3% da poboación e que sempre renegou de Galiza. Entre cargos foráneos e galegos castelanizados non chegaban ó 10% da poboación hai menos de 100 anos. Estas clases dirixentes foráneas sempre foron unha minoría postiza. O castelán, orixinario de Castela, impúxose por presións na nosa terra, non polo desexo de que así fose. Ningún cambia de lingua na súa terra por gusto nin por comodidade, senón por circunstancias coercitivas. O partido político que goberna Galiza actualmente toma medidas, como xa dixemos noutro artigo deste blog, en contra do noso idioma galego. Fíxosenos moito dano e séguesenos perseguindo na nosa propia terra.
Dous exemplos da ditadura: no 1955 nunha folla distribuída por toda Galiza dicíase “hable bien, sea patriota, no sea bárbaro. Es de cumplido caballero que usted hable nuestro idioma oficial, o sea, el castellano. Es ser patriota. Viva España y la disciplina y nuestro idioma cervantino”.
No 1967 Manuel Fraga ministro franquista ameaza con pechar un xornal en Galiza se lle outorgan un premio a un artigo escrito en galego. O director do xornal, foi multado con 50.000 pesetas da época.
Dous exemplos da ditadura: no 1955 nunha folla distribuída por toda Galiza dicíase “hable bien, sea patriota, no sea bárbaro. Es de cumplido caballero que usted hable nuestro idioma oficial, o sea, el castellano. Es ser patriota. Viva España y la disciplina y nuestro idioma cervantino”.
No 1967 Manuel Fraga ministro franquista ameaza con pechar un xornal en Galiza se lle outorgan un premio a un artigo escrito en galego. O director do xornal, foi multado con 50.000 pesetas da época.
Se usas o castelán non estás marcado, se usas o galego estás marcado por unha chea de prexuízos aínda existentes; ou esquerdista, ou cultureta, ou rural, ou pailán, ou inculto, etc. Aínda é moi difícil usar libremente o galego ou acceder libremente a el en diversos eidos sociais; xustiza, administración estatal e autonómica, medios de comunicación, mundo laboral, etc. Queremos a nosa lingua como queremos ós nosos pais ou ós nosos fillos; porque son nosos; e abonda.
Mentres todos os cidadáns non sexan libres para usar a lingua da súa preferencia en igualdade de condicións, non haberá cohesión social posible.
Galiza ten un dereito fundamental que é ser dona absoluta de si mesma. É necesario poder gobernarnos nós mesmos, democráticamente sen dependencias alleas. Hai que romper as cadeas da globalización, para poñer a sociedade por riba dos mercados.
Os democratas españois non poden negarnos ó pobo galego a existencia do dereito de autodeterminación. Pois se ó pobo galego se nos impide decidir sobre si mesmo, as relacións constitucionais non están basadas na liberdade e no respeto mutuo entre os pobos, se non na imposición.
O dereito de autodeterminación é o que corresponde a todo pobo para optar a permanecer nun Estado concreto ou ben, formar un diferente, e ten que ser competencia exclusiva das cidadás e cidadáns de Galiza.
No 1945 a Carta das Nacións Unidas recolle entre os seus fins “desenvolver relacións amistosas entre as nacións, fundadas no respeto do principio da igualdade de dereitos dos pobos e do seu dereito a dispor de si mesmos”.
A creación de novos estados é unha realidade, en Europa creáronse 16 novos estados en dúas décadas. Todos estes estados progresan e ningún deles se arrepinte de acadar a independencia. En Galiza necesitamos reducir os niveis administrativos, costosísimos e ineficientes: os custes do goberno central, as deputacións e as delegacións do goberno central hai que eliminalas. Tamen necesitamos un poder xudicial propio e que a última instancia sexa un Tribunal Superior de Xustiza da Galiza.
En definitiva recoñecer, a posibilidade de modificar o marco da relación con España sempre que os cidadáns galegos mostremos unha vontade clara, é dicir, establecer libremente a nosa condición política prevendo así mesmo o noso desenvolvemento económico, social e cultural para poñer fin ó colonialismo, subxugación, dominación e explotación extranxeira.
En definitiva recoñecer, a posibilidade de modificar o marco da relación con España sempre que os cidadáns galegos mostremos unha vontade clara, é dicir, establecer libremente a nosa condición política prevendo así mesmo o noso desenvolvemento económico, social e cultural para poñer fin ó colonialismo, subxugación, dominación e explotación extranxeira.
Os galegos, vascos e cataláns, estamos no noso dereito de abandonar o Estado español, no que nos meteron contra a nosa vontade, fai máis de 500 anos, violando os máis elementais dereitos humanos, humillación e espólio.
A Constitución non é a biblia, e anque o fora, todo o mundo non cré en Deus e non por eso deixan de ser humanos e pertencer a un pobo.
15 comentarios:
Eu sempre dixen que a miña casa quería governala eu e que non ma governase o meu veciño... A opresión colonialista de Galiza, non só se manifesta no aspecto político senón no económico e social. A mortalidade máis catastrófica que padece Galiza no século XVII e XVIII non son as pestes, senón as relacions sociais e a dependencia colonial: fames, levas para Flandes, para a mariña de guerra...Só para a guerra dos trinta anos Galiza contribúe con 68000 homes, hai estudos que din que con motivo da guerra de Portugal entre 1640 e 1688 hai 200.000 mortos. Para a guerra de sucesión española, levas duplicadas de máis de 4000 homes de 1701 a 1704.¿Non acabaron por seren os donos da terras galegas os mosteiros casteláns, a nobreza castélán, ou a nobreza ausentista castelanizada e cortesán en Madrid ou Valladolid?¿Quen foron ou aínda son os donos do mosteiro de Oseira, do castelo de Lemos, da Torre de Andrade, Pazo de Oca, etc?O estado, as ordes monásticas con capitalidades fora de Galiza, e a nobreza ausentista cortesana, cando non extranxeira de seu, consumiron e drenaron cara a fóra unha parte moi importante do excedente xerado pola poboación traballadora galega.¿Quen é dono da rede de represas hidroeléctricas do sistema Miño-Sil, do caolín de Burela, ? Por pór outro exemplo, se a gandeiría galega, puidera terse surtido dende o século XIX no mercado internacional de graos, como o fixo a danesa daquela, en vez de aturar o proteccionismo cerealista do sistema aduaneiro español establecido para o monocultivo castelán, moi outra podería ter sido, se cadra, a realidade actual do noso sector agrario.
Está mail ben.
Acabo de ler a noticia de que EEUU e mais México,terra lazos co fin de facer un grande mercado de colaboración.Medio mundo tende a xuntarse, menos nos, que tentamos o separatismo.Non sei se sabemos a obre queremos ir.
Eu creo, que se trata de deixar que a xente elixa, que decida libremente como quere que sexa o seu futuro, e resulte o que resulte, a favor ou en contra dos desexos individuais, respectar a decisión da maioría.
Para o comentario anónimo: non desvíemos o tema con comentarios parece que malintencionados onde mencionas "separatismo", da a impresión de que xa estás metendo medo ao persoal, nin que se fora acabar o mundo por independizarnos, etc. É unha palabra o separatismo moi típica do nacionalismo madrileño. Mira, igual me expresei mal eu, pero penso que no blog expuxérono moi claro. Ninguén dixo de facer unha muralla nas fronteiras da Galiza e que non pase ningunha persoa nen haxa comercio entre as distintas nacións da península e do resto do planeta. O que se trata é de non nos deixar asoballar, gobernarnos nos mesmos as galegas e os galegos, defendendo o noso, tendo as nosas leis, etc. Negociar directamente dende Galicia o noso comercio con Europa e o resto do mundo, sen ter de intermediario a Madrid, que a riqueza que se xenera aquí a xestionemos nos, e que non nos poñan leis "controladoras e inxustas" dende Madrid. Non vexo que haxa de malo neso. E poñeríache moitos e variados exemplos do espolio e colonización que sufrimos na Galiza. Por outro lado, non sei se estás ó tanto, dos procesos de Escocia, Quebec, Flandes, Cataluña, etc ou de que Gran Bretaña non quixo o euro, países como Suíza que non queren formar parte da UE pero que por eso non "morren",etc ou do mal que saiu Galiza na entrada europea (favoreceron o aceite andaluz, en vez do leite e carne galega, etcccccc).En definitiva trátase de ter unha relación entre as nacións de igualdade e non de sometemento. Trátase de non impoñer nada a ninguén, pero dar o dereito de poder dicidir o futuro da Galiza nos mesmos. Eu non son político nen estou afiliado,pero se miras nas páxinas dos partidos nacionalistas galegos, poderás informarte mellor.Falas de que o mundo tende a xuntarse, pero se xá está xunto dende sempre,e non sei se che parece ben o que está pasando, de que Alemania non puido gobernarnos militarmente durante a 2ª guerra mundial, e agora co invento da Unión Europea, trata de mangonearnos. Cando Galiza era un país independente xa viñan, había moitos séculos peregrinos a Santiago dende varias nacións, polo que xa estabamos en "Europa" Hai que ser críticos co sistema e non comulgar cas típìcas afirmacións de (separatismo, o mundo tende a xuntarse...)porque o sistema está ben para para as multinacionais, elas é o que queren, controlarnos e que estemos dependendo delas, e o beneficio pra catro, pero igual para as persoas coma ti ou coma eu, o sistema establecido non é o mellor. Se un matrimonio non funciona, é mellor separarse, e se encima o casamento foi con engano ou á forza, xa non che conto...
As miñas desculpas a Xulia e quen se poida ofender co meo comentario, nada mais lexos da miña intencion ofender. Perdoen.
Eu solo intentaba esplicar ao meu parecer. Son galega e amiña lengua mais o meu sertir de galeguismo non o supera ningun nacionalista. Xa poden estar seguros, ainda que non seipa escribir correcto. Perdoen.
non pode haber liberdade sen independencia económica, e Galicia, cunha taxa de paro alta, cunha poboación das máis envellecidas de España, sen industria, de que vai vivir?, é unha das comunidades que máis funcionarios produce e sobre iso non se pode fundar un país, unha cousa son as ideas, e outras as solucións.
E os nacionalistas, solucións non dan ningunha, non se pode basear o futuro do país nun idioma, senón en industria, infraestruturas, creando emprego.
Son galego, amo a miña terra, se falar galego e utilízoo cando e onde me prace, iso non me converte en menos amante de Galicia, non son independentista, son realista e se que a provincia de Lugo ten máis pensionistas que cotizantes, quen pagará as pensións cando nos independendicemos, cando non as pague a solidariedade do resto de rexións españolas?, e así seguiriamos ata aburrirnos.
Buenos dias amigos de rste blog.Siempre es para mi un orgullo poder participar en los comentarios,siempre amenos e interesantes con temas de nuestra tierra.
Hoy,la tentacion de participar se hace grande,el tema lo requiere, aun asi no me atrevo a ello.
No entiendo la postura de gente que despues de 39años de depresion, sigue con otra depresion lejos de una democracia tan deseada.
Para contestar a tantas verdades a medias,que no son mas que medias mentiras, necesitaria todo un dia
Os pido a todos un poco de libertad literaria ya que no puedo hacerlo, de pensamiento.
La democracia es un bien que nos ataña a todos, aunque no pueda cumplir el gusto individual de cada individuo,oero si el de la gran mayoria. Yo asi lo entiendo.
Para XULIA...soamente unha forte aperta e pedirche un anaquiño de democracia.O noso BNG desexado non entente destes temas. Esi me consta.
Non se trata de poñer fronteiras se non de convivir en igualdade de condicións. A quen lle colle na cabeza, por exemplo que Madrid pode decidir sobre o que deben facer as galegas e galegos ca súa lingua, industria, agricultura, etc? Estes españolitos que queren impoñer o seu idioma castelán porque segun eles "el gallego que lo hablen las vacas".
Como non vai Galiza valerse por si mesma cando temos o 92% da renda comunitaria. A pesar de que históricamente nos maltrataron, de ter que soportar gobernos reacionarios e ignorantes e decisións prexudiciais da Unión Europea, tomadas de acordo co Estado español, se aínda así avanzamos quere dicir que o noso potencial é enorme. Temos empresas das máis poderosas do mundo nas súas especialidades. O noso clima, territorio é favorable.
Hoxe temos 2'5 menos poboación que Cataluña, en 1800 tiña Galiza moita máis poboación.
Por que putearon a Barreiros de Ourense no franquismo, e non lle daban dado as licencias para fabricar vehículos, en beneficio de Pegaso e Seat en Barcelona? Logo Barreiros, iríase para Madrid, e finalmente para Cuba, pero quero dicir que en Galiza sempre tivemos e temos emprendedores e xente con iniciativa, pero se non temos gobernos "na terra" que apoian...
Se tiveramos máis autogoberno,o problema das caixas e das preferentes xa estaria resolto porque non teríamos que depender do banco de España.
Euskadi,a comunidade con menos paro, porque é a que máis autogoberno ten e máis autofinaciamento.
Sempre será mellor ter independencia, económica e de decisión, que non ser un pobo subvencionado e acomplexado...o poder canto máis preto mellor, está demostrado históricamente que dende o centralismo non temos máis que desprezo e miguiñas, igual que cos que nos gobernan dende aquí e que non creen en nós, a historia da democracia en Galiza é a historia das maiorías absolutas do pp a maior parte das lexislaturas. O resultado é emigración, etc. E quen ten a culpa de todo isto?
A historia demostrounos que a subxugación a un estado centralizador para Galiza foi a súa desgracia e negacion como pobo para desenvolverse e desenvolver políticas galegas, tanto no mar, no campo ou na industria. Tivéronnos como "monos de feira" para o seu consumo particular, ben sendo escravos das levas ou ben como pobo folclórico distinto. Galiza ten que potenciarse por sí mesma na economia e na cultura.
Xa na República no 1936 a Unión de Labradores de Baleira, denunciaba que ós productos nosos baixábanlles os prezos en beneficio doutras rexións do Estado, querían velar tamén pola libre emisión do voto para evitar o caciqueo, etcc
O problema é que as galegas e galegos parecemos adormecidos. Tamén é verdade que non temos unha democracia verdadeira, pois a porcentaxe da abstención debería estar representada no parlamento como escanos vacíos, e por outro lado o carreteo e abdución de votos de xente maior, monxas, etc nas elecións polos partidos politicos, non reflexa a realidade do que opina a xente. Se non os resultados, cambiarían bastante.
Claro que podemos vivir sen Madrid. Por qué España non nos da a opción a independizarnos e autogobernarnos se queremos? Non será que nos quere seguir explotando? Por qué tanto medo e desprezo nos medios informativos españolistas hacia os nacionalistas galegos? Non teñen argumentos e calificános de radicais, separatistas, que nos van botar de Europa, que non vamos ter para pagar as pensións? Acaso non imos ter que traballar ata ós 70 anos e incluso os fins de semana? A este ritmo xa non vai haber problema de pagar pensións? Tamén teñen a culpa os nacionalistas desto? O nacionalismo español si que fixo guerras, entre elas a chamada civil, que significou un xenocidio que envolveu a mais de 200000 mortos entre 1936 e 1980 aproximadamente. España non convén, é unha maleta demasiado pesada para Galiza. España escraviza, é colonizadora, ladroa, esplotadora, sen escrúpulos cos pobos (hai que recordar tamén todas as barbaridades que fixo en América, etc). A Galiza non se lle perde nada en Ceuta e Melilla, co custoso que é ter esas colonias de África, non temos porqué soportar os gastos da monarquía, nin pagar os salarios dos gobernos que están en Madrid sexa en empresas ou na administración, tampouco hai porqué ter á igrexa sen pagar os impostos de Ibi etc, tampouco necesitamos soportar o custo de embaixadas no "quinto pino" cando coñezo a amigos que foron facer negocios ó extranxeiro e din que non lles serviron de nada, que tiveron que xestionar eles as cousas e con internet amañaron perfectamente, tampouco necesitamos a megalomanía na que nos meteu Fraga ca hipoteca da Cidade da cultura, por qué tanto alto cargo nas empresas privadas e públicas e con salarios salvaxes? con eso páganse varias xubilacións, etc
Por qué temos que aturar unha subasta eléctrica igual en toda España, cando aquí en Galiza teríamos que ter a enerxía máis barata, debido a que temos varias hidroeléctricas, eólicas, etc aquí? Non hai custo de levala enerxía fóra de Galiza?
Por que temos que aturar a compra de empresas galegas e fusións obrigadas polos políticos para favorecer a multinacionais, e a liberalización e privatización de empresas para supostamente que haxa máis competencia? Acaso non está comprobado que se poñen de acordo para estafarnos ós consumidores? Acaso Felipe e Aznar non se meteron a chupar de empresas multinacionais?
A autodeterminación será realidade cando estemos maduros social e políticamente falando, non é dun día para outro.
Para Xulia
Aínda espero que nos digas en que se vai basear a economía de Galiza, é un tema que nos interesa moito a todos, dende a túa visión de independentista.
Estás equivocada no que se refire ao país vasco, non ten menos paro por ter mais autogoberno, senón por ter mais industria e moitos mais empresarios dispostos a investir e gañar diñeiro, e se te informas de verdade, cada vez moitos menos vascos están a favor de independendizarse, non te digo cataláns.
e sobre o que dis de salarios salvaxes dos políticos españolistas, ¿ti crees que os teus son irmás da caridade e van traballar gratis?, só hai que ver o que fixeron por Galiza cando des gobernaron, preocupados polo mesmo que o resto de partidos, colocarse eles e os seus e levarse o maximo posible, é hora de quitar as vendas Xulia, de madurar
"As empresas punteiras e máis representativas de Galicia van desaparecendo ou deslocalizándose; coa venda de Unión Fenosa vemos como os nosos recursos naturais xeran beneficios e dividendos fóra de Galicia sen deixar beneficio aquí", denuncia o comité, que cre que agora "nos toca presenciar como se levan tamén os postos de traballo das empresas colaboradoras que foron creados en paralelo ao crecemento da antiga Unión Fenosa".
PÁRRAFO SACADO DE:http://praza.com/economia/4360/gas-natural-pretende-eliminar-a-atencion-ao-cliente-en-galego-e-desde-galicia/
Xulia, non perdas o tempo con quen non razona, está claro que Galiza, se tivera un goberno nacionalista durante estes 30 anos de democracia estariamos mellor. Pois os deputados galegos non estarían sumisos ao que lles dí o seu xefe en Madrid. Temos exemplos en Galiza de concellos que están gobernados varias lexislaturas seguidas por nacionalistas, e non ocorreu nada “catastrófico” do que pregonan os medios de comunicación ó servizo do goberno especialmente: lobotomía, abecedario, pope, etc. O problema no noso país é que hai unha “élite” minoritaria nostálxica de tempos pasados, pero que manipulando e con outras accións consigue a maioría dos votos no rural, o que segundo os entendidos chámase caciques. Se fora por algúns/has, nen poderiamos expresar libremente as nosas ideas nestes foros, ou noutros medios de comunicación. Se case non nos permiten manifestarnos pacíficamente, nen facer folgas para esixir melloras nas condicións vitais. Canta mala fama dan os “escraches”. O que se mete en política ten que estar ás verdes e as maduras, a naide o obrigan, e ten que ser consciente de que vai ter críticas boas e malas. A rúa é pública. Meteuse algún “escracheiro/a” no salón da casa dalgún político? En fin... Fixádevos como queren eliminar o aborto, pero que se cren? Que exista este dereito non obriga a facelo á xente que pola razón que sexa non queira. Cómo poden quitar unha opción á xente que queira? Cómo poden obrigar a unha muller a ter un feto que non desexa? É o colmo meterse na vida individual de cada un.
Aos velliños contrólanse mellor, todos sufriron a pésima educación da dictadura, e a maioría non anda polas “redes sociais”. E como na Galiza abundan maiores... Por outra parte, fixádevos o que facían na URSS, deportaban a rusos a outras repúblicas soviéticas para que a poboación nas repúblicas fora heteroxénea e non houbese forza e unión á hora de reinvendicar melloras, etc, o mesmo que fixo Franco aquí, instalou fábricas en Barcelona, Bilbao e Madrid, para levar de “escravos colonos” a galegas e galegos, e así intentaba quitarlle forza ó nacionalismo vasco e catalán e de paso baleirar Galiza de xente nova e reivendicativa. Todo está estudado.
Posto que non podemos fuxir dos que desprecian a Galiza, o mellor é sabelos tratar con intelixencia e minimizando o seu efecto negativo en nós. Parafraseando un dos ditos xeniais de Oscar Wilde: tratemos ben os nosos inimigos. Non hai nada que os enfureza máis.
Perdonad si me equivo
en algun momento de la historia Galicia ha sido un pais independiente?
Yo creo que ni siquiera es un pueblo nacionalista el gallego, mucho menos independentista.
guste o no guste Galicia es españa y lo seguira siendo, cuatro gatos no pueden decidir el futuro de un pais y no hablo solo de Glacia sino del pais vasco y Cataluña en conjunto, es decir de españa
No se puede pedir respeto hacia uno mismo y luego referirse a otros como 'estos españolitos',Zulia creo que eres una facha que va de democrata
Si los demás no comulgan con tus ideales los insultas, ya vamos conociendo cuan demócratas sos los independentistas, solo hay que ver el ridículo del 9N pero así y con todo no reconocen que el 70% de los catalanes pasa de sus mentiras.
España ens roba, ja ja ja, espero no te pase lo mismo en tu Galicia ya que no se de donde sacáis el palabro Galiza.
Tanto querer diferenciaros del español solo esconde complejo de inferioridad.
Otra mentira mas del nazi onalismo gallego:
la raza celta, "los celtas no eran una raza, sino una cultura, nació en el oeste de Europa y fué desplazandose al este.
Casi toda la peninsula estuvo bajo la influencia celta.
En Galicia la cultura celta llegó más tarde, seguramente por su orografia y por estar situada al oeste del país y duró más tiempo, como en toda la costa ocidental europea.
por eso quedan más rastros.
Y en atención a Julia yo también quiero gobernar mi casa, pero no que me la gobiernen los nazi onalistas, y soy tanto o mas gallega que ella.
Y si los gallegos no hemos sabido o querido defender nuestra tierra, quien es ella para juzgarnos?
Estimo que seria bueno para su salud mental y la de tantos nazionalistas, aceptar que el gallego en general se siente y es español, joda a quien joda, tan español como es ella
Publicar un comentario